Ayudas/SubvencionesBlogBOP

BOP Nº 158 – Aprobación inicial das Bases Reg. e Convocatoria de Concesión de Subvencións á Rehabilitación en Muros

Aprobación inicial das bases reguladoras e a convocatoria de concesión de subvencións á Rehabilitación de Edificios e vivendas na área de Rexeneración e Renovación Urbana do conxunto Histórico de Muros, financiado dentro do Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria, e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2018-2021anualidade 2018 (13ª Fase) segundo o acordo da Comisión Bilateral do 26 de outubro de 2018.

O Pleno municipal, na súa sesión do día 10 de agosto de 2022, aprobou inicialmente as bases reguladoras e a convocatoria de concesión de subvencións á Rehabilitación de Edificios e vivendas na área de Rexeneración e Renovación Urbana do conxunto Histórico de Muros, financiado dentro do Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria, e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2018-2021 anualidade 2018 (13ª Fase) segundo o acordo da Comisión Bilateral do 26 de outubro de 2018.

Ábrese un prazo de información pública e audiencia aos interesados de trinta días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no BOP, co fin de que poidan presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas, segundo o establecido no art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local. No caso de que non se presenten alegacións, as bases entenderanse definitivamente aprobadas, polo que se publicarán integramente no Boletín Oficial da Provincia (BOP), de conformidade co establecido no art. 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, así como na páxina web municipal, e comunicarase á base Base de Datos Nacional de Subvenciones (BDNS).

Os interesados poden consultar o texto íntegro das bases aprobadas polo Pleno municipal na sede electrónica municipal, dentro do apartado “taboleiro de anuncios”, así como no taboleiro de anuncios municipal sito na Casa do Concello.

María Inés Monteagudo Romero

Alcaldesa de Muros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies