#CONSTRUÍNDOFOGAR Encontro informativo

Hoxe, día 28 de marzo ás 10:30 h, na Delegación Territorial da Coruña, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo, tivo lugar o segundo encontro informativo “Construíndo Fogar

A Xunta de Galicia invitou ao tecido social da cidade da Coruña e a súa área metropolitana a coñecer os distintos programas e liñas de axudas en materia de vivenda ás que poden optar os cidadáns e os concellos.

Esta nova sesión contou coa presenza de persoal técnico do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), para informar dos detalles de máis dunha trintena de liñas distintas de incentivos e resolver as dúbidas dos asistentes.

Trátase do segundo encontro que se celebra na provincia da Coruña, tras o de Ferrol, e o quinto na Comunidade.

Asemade, tamén se invitou a entidades, como os colexios oficiais de arquitectos, enxeñeiros técnicos, deseñadores de interior/decoradores e peritos agrícolas de Pontevedra; e a empresas do sector da vivenda e da rehabilitación edificatoria, como inmobiliarias, xestores de comunidades de veciños e da propiedade e asociacións de empresarios e da construción.

O obxectivo foi informar dos requisitos que os beneficiarios de cada axuda deben cumprir, así como dos trámites que deben realizar ante a Xunta para acceder aos incentivos dispoñibles ao abeiro da convocatoria de 2022, tanto dos programas que xa están abertos como daqueles pendentes de publicar a súa convocatoria.

Así, o IGVS dou conta dos programas dispoñibles para fomentar a rehabilitación do parque de vivendas de Galicia. A maioría dirixidos aos particulares, pero tamén existen outros que son exclusivamente para os concellos.

Ademais, brindouse información sobre as distintas liñas de axudas para facilitar o acceso a unha vivenda en réxime de compra ou de alugueiro.

No encontro tamén presentáronse aqueles programas que benefician de xeito particular aos concellos da zona, como son as axudas á área de rehabilitación supramunicipal dos Camiños de Santiago, xa que por Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Mesía, Miño e Paderne discorre o Camiño Inglés.

Do mesmo xeito, os dous núcleos históricos declarados na cidade herculina —Cidade Vella-Pescadería e San Vicenzo de Elviña- pódense beneficiar de forma específica da liña de incentivos exclusiva para estes ámbitos.

No caso da Coruña tamén cobra especial protagonismo o Programa Rexurbe, pois no presente exercicio a Xunta dedicará 1 millón de euros á adquisición de inmobles deteriorados ou en estado de abandono na cidade da Coruña, co obxectivo de rehabilitalos e destinalos despois a vivendas de promoción pública. Esta nova oferta dará continuidade ao esforzo dos últimos anos, que se plasmou na adquisición de 17 propiedades en Betanzos e nos acordos de compra doutros 4, en 2021, na urbe herculina.


Nova Oficina de rehabilitación

A Consellería de Medio Ambiente considera necesarios e fundamentais estes encontros, para dar a coñecer a existencia das liñas de subvencións dispoñibles; animar aos posibles beneficiarios a presentar unha solicitude, ofrecendo información de directa, práctica e útil, e sobre todo, para brindar o acceso aos recursos públicos ao destinatario final dos mesmos: a sociedade galega.

Así mesmo, o encontro da Coruña servirá presentar a nova Oficina de rehabilitación de vivenda, posta en marcha recentemente pola Xunta e que está chamada a ser o novo punto informativo para asesorar e dar a coñecer entre os seus potenciais beneficiarios os novos programas de axudas con fondos europeos en materia residencial.

Esta oficina xa está en funcionamento e permanece aberta de luns a venres polas mañás, en horario de 9 a 14 horas. Os interesados teñen a opción de facer consultas por teléfono, a través do número 881 045 897, o mesmo ao que hai que chamar para pedir cita previa en caso de preferir atención presencial en Santiago de Compostela.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies